CONCEPTO ENXEÑERÍA XENÉTICA:
A enxeñería xenética é un conxunto de técnicas, formando parte da bioloxía molecular e tendo como obxecto a utilización dos coñecementos adquiridos en xenética para utilizar, reproducir, ou modificar o xenoma dos seres vivos. A biotecnoloxía da manipulación xenética e transferencia de ADN dun organismo a outro posibilita a creación de novas especies, a corrección de defectos xenéticos e a fabricación de numerosos compostos.
APLICACIÓNS DA ENXEÑERÍA XENÉTICA:
-Terapia xénica: a terapia xénica consiste no tratamento dunha enfermidade mediante a introdución de xenes no organismo. A técnica aínda está en desenvolvmento, motivo polo cal a súa aplicación se leva principalmente a cabo dentro de ensaios clínicos controlados, e para o tratamento de enfermidades severas. Ao principio formulouse só para o tratamento de enfermidades xenéticas, pero hoxe en día formúlase xa para case calquera enfermidade.

-Agricultura e gandaría: respecto a este campo existen grandes expectativas, grazas a posibilidade de crear organismos transxénicos (aquela planta, animal, fungo ou bacteria á que se lle agregou por enxeñaría xenética un ou uns poucos xenes co fin de producir proteínas de interese industrial ou ben mellorar certos trazos, como a resistencia a pragas, a calidade nutricional, a tolerancia a xeadas, entre outras características). O problema reside en que se descoñece o impacto que poderían ter este tipo de organismos sobre os humanos e os ecosistemas naturais a longo prazo, xa que os xenes que se introducen son hereditaros e se modicamos xenéticamente todos os organismos chegará un punto no que non queden organismos puros.
-Aplicacións ambientais:
Biorremediación: calquera proceso que utilice microorganismos, fungos, plantas ou as enzimas derivadas deles para retornar un medio alterado por contaminantes á súa condición natural. A biorremediación pode ser empregada para atacar contaminantes específicos do chan, por exemplo na degradación bacteriana de compostos organoclorados ou de hidrocarburos. Un exemplo dun tratamento máis xeneralizado é o da limpeza de derramos de petróleo por medio da adición de fertilizantes con nitratos ou sulfatos para estimular a reprodución de bacterias nativas ou exóxenas (introducidas) e desta forma facilitar a descomposición do petróleo cru.
Bioadsorción: obtención de bacterias capaces de fixar na superficie das súas células metais que interesa retirar do medio.